Podcasts

Un podcast é un ficheiro sonoro que forma parte dunha serie de ficheiros similares, como se fose un programa de radio. En xeral, pódense escoitar directamente accedendo a súa páxina web, descargar episodios individuais para escoitar nun reproductor portátil, ou suscribirse á serie por medio dun programa como iTunes o Juice para ir descargando automaticamente os episodios ao reproductor portátil a medida que van estando dispoñibles.

Os podcasts son estupendos para practicar a comprensión oral escoitándoos no reproductor portátil mentres vas no bus ou tes un rato libre. Hainos específicos para estudiantes de inglés onde se tratan cuestións de gramática e vocabulario. Convén non desanimarse aínda que ao principio non se entenda moito: sempre se entende algo e coa práctica pouco a pouco vaise comprendendo máis.

Algúns podcasts da lista inferior non se poden escoitar directamente na súa páxina. Se non tes un iPod e iTunes, necesitarás descargar e instalar un receptor de podcasts, por exemplo Juice. Na páxina do podcast atoparás o enderezo do ficheiro RSS (podcast feed) que necesita Juice para recibir o podcast. Para máis detalles podes ler Step by step guide to getting a podcast.

Listen to English - learn English!
Podcasts breves (3-5 min.) en inglés británico adecuados para estudiantes de nivel intermedio.
English as a Second Language Podcast
Podcasts máis longos en inglés americano.
The Bob and Rob Show
Podcasts longos (15-20 min.) en inglés británico e americano para estudiantes máis avanzados.
Englishcaster
Buscador de podcasts específicos para aprender inglés.
Podcasts from the BBC
Podcasts da BBC. Non están pensados para estudiantes pero son programas de gran calidade útiles para estudiantes de nivel intermedio alto e avanzado.
From Our Own Correspondent
Reflexións persoais dos corresponsais da BBC no estranxiero sobre temas de actualidade. Moi recomendables.