Prepara o teu PC
Navegar por internet
Firefox é un excelente navegador libre que ten versións para as principais plataformas (GNU/Linux, Mac OS X e Windows) e dispón de numerosos complementos:
- Scrapbook che permite capturar páxinas completas ou seleccións, editalas, subliñalas e gardalas no teu ordenador. Podes usalo para almacenar vocabulario ou textos atopados en diccionarios ou enciclopedias virtuais.
- Firefox en galego.
Escoitar música e podcasts
Amarok non é só un fabuloso reproductor de música: é moito máis. Permíteche conectar con emisoras de radio por internet, descargar podcasts, sincronizar o teu reproductor portátil e incluso che atopa a letra da canción que estás escoitando en cada momento, o que resulta moi útil para practicar o teu inglés. Agora ben, para disfrutar del terás que pasarte a GNU/Linux, pois non está dispoñible para ningunha outra plataforma.
Se usas Windows, sempre podes usar Juice para descargar e xestionar os teus podcasts.
Escribir textos
OpenOffice.org é unha suite ofimática libre coa que poderás crear documentos de texto e moito máis. Se usas GNU/Linux, seguro que xa a tes instalada ou sabes como facelo. Se usas Windows:
- Descarga o instalador na túa lingua preferida:
- OpenOffice.org 2.3 en galego (119,5 MiB)
- OpenOffice.org 2.3 en castelán (119,7 MiB)
- Abre o instalador e sigue as instruccións. Ao rematar a instalación podes eliminar do escritorio o cartafol onde o instalador descomprimiu os ficheiros: xa non é necesario.
- O corrector ortográfico de inglés británico xa ven instalado por defecto. Para instalar os correctores de galego e castelán, abre OpenOffice.org Writer e executa o comando do menú Ficheiro -> Asistentes -> Instalar novos diccionarios. Para cada lingua pode haber ata tres diccionarios: un para a corrección ortográfica, outro para a separación silábica, e outro máis para os sinónimos.
Para familiarizarte co procesador de textos OpenOffice.org Writer, podes seguir o meu curso virtual, Curso de OpenOffice.org Writer, ou estudiar o capítulo 6 da Guía de inicio, Comezando co Writer.
Probar GNU/Linux
Hai numerosas distribucións do sistema operativo GNU/Linux, que ademáis do núcleo e as utilidades do sistema inclúen unha chea de aplicacións, case todo de software libre e gratuíto.
Os entornos de escritorio máis usados con GNU/Linux son KDE e GNOME. Lévase escrito moito sobre cal dos dous é mellor, pero ao final non ten sentido determinar un gañador: a algúns lles gusta máis KDE, mentres que outros prefiren GNOME. O que si parece estar claro é que KDE é máis configurable, e polo tanto máis complicado, mentres que GNOME é máis sinxelo. Eu prefiro KDE: resultaríame difícil renunciar a certas aplicacións deste entorno, como Konqueror, Kontact ou Amarok.
Para probar o sistema GNU/Linux o mellor é usar o Ubuntu Desktop CD. Ubuntu é unha distribución orientada a usuarios inexpertos con entorno de escritorio GNOME, e o Desktop CD permite cargar o sistema directamente desde o CD sen instalar nada no disco duro e sen modificar para nada o sistema nel instalado. O procedemento é o seguinte:
- Descarga a imaxe ISO do Ubuntu 7.10 Desktop CD (695,8 MiB).
- Usa o teu programa favorito de gravación de CDs para crear o CD a partir da imaxe ISO descargada.
- Reinicia o ordenador para que arrinque desde o CD e selecciona a primeira opción: Start or install Ubuntu. Non se instalará nada a menos que, unha vez cargado o escritorio, pulses na opción Install. Se o CD se gravou correctamente e o ordenador non o carga ao reiniciarse, pode deberse a dúas causas:
- O disco ríxido figura diante do lector de CD na secuencia de inicio do sistema. Para poñer o CD diante do disco ríxido hai que editar a configuración do BIOS. Se non sabes como facelo, déixao estar: se cometes un erro, pode ocorrer que non poidas reiniciar o ordenador ou que non funcione correctamente.
- Se ademais da gravadora de CD/DVD tes un lector, probablemente debas poñer o CD no lector antes de reiniciar o sistema.
- Se todo vai ben e te conectas a internet por medio dun cablemódem ou módem ADSL conectado directamente á tarxeta de rede do teu ordenador, probablemente a conexión se realice automaticamente sen a túa intervención. Noutros casos pode ser que, por falta de soporte dos fabricantes de hardware, o sistema non dispoña do controlador necesario. En todo caso, se usas unha tarxeta inalámbrica deberás darlle ao programa NetworkManager o nome e a clave da túa rede.
Instalar GNU/Linux
Ubuntu pode compartir sen problemas o teu ordenador con MS Windows, de xeito que poidas escoller o sistema no momento de arrancar. Sen embargo durante a instalación de Ubuntu no disco ríxido poden xurdir imprevistos, polo que antes de proceder á instalación:
- Comproba que tes polo menos 10 GB de espacio libre no teu disco ríxido.
- Fai unha copia dos teus datos máis importantes nun CD ou memoria USB.
- En caso de algo vaia mal, debes estar disposto a reinstalar MS Windows e todas as túas aplicacións, saber como facelo e ter os discos necesarios, especialmente os controladores do hardware (tarxetas gráfica, de rede, inalámbrica, de son, etc.).
- Debes saber que podes perder a garantía do teu ordenador.
- Infórmate sobre Linux e Ubuntu:
- O breve manual Fundamentos de Unix e Internet non ten un formato vistoso pero explica ben algúns conceptos fundamentales imprescindibles.
- A Guía documentada para Ubuntu ten información específica es castelán para esta distribución.
- Le atentamente o artigo Instalación estándar da Guía de Ubuntu: che explica como se desenvolve o proceso de instalación.
- Visita ubuntu-es, a páxina do proxecto en español con noticias, foros, etc.
- Comproba que todos os dispositivos funcionan correctamente con Ubuntu en modo live (arrancando desde o CD), especialmente o acceso a internet, que debe ser de banda ancha, pois necesitarás descargar diversos paquetes de software para poñer o sistema en galego ou castelán.
- Instala o soporte para galego ou castelán (máis completo).
