Corpus
Un corpus textual é un conxunto de textos representativos dunha lingua. O British National Corpus é un corpus do inglés británico que inclúe textos cun total de máis de 100 millóns de palabras. [DAVIES/BYU] British National Corpus é unha interfaz de acceso ao BNC que nos permite realizar consultas e obter información sobre o uso que os falantes fan da súa lingua, o cal pódenos resultar moi útil á hora de redactar un texto. Vexamos uns exemplos.
- on/in/at television
- Supoñamos que non estamos seguros da preposición que se usa con television: on, in ou at. Para saír de dúbidas, tecleamos on/in/at television no cadro de procura e agardamos a que aparezan os resultados. Veremos que hai 984 rexistros de on television frente a 170 de in television e tan so 13 de at television, polo que en principio escolleremos a preposición on. Para estar seguros, prememos sobre a fila on television para examinar os rexistros e comprobar que o contexto dos resultados se corresponde co noso.
- the * truth
- Supón que estás escribindo unha redacción e interésache saber que cualificativos aplícanse en inglés á palabra truth. É moi sinxelo: teclea the * truth no cadro de procura e examina os resultados. Interesante, non si? Dicimos que a secuencia whole truth é unha collocation porque as palabras que a compoñen aparecen xuntas con maior frecuencia do que sería esperable se se combinasen ao azar. Neste caso, a frecuencia é moito maior e dicimos que se trata dunha strong collocation. É moi importante respectar estas convenciones de uso se non queremos que as nosas palabras soen raras: se cambiamos whole por un sinónimo como complete, a expresión resultante soa mal simplemente porque os falantes non a usan. De modo similar, para expresar a mesma idea en galego usamos a expresión toda a verdade, e non, por exemplo, a verdade enteira, que sería a tradución estrictamente literal da expresión inglesa.
- infinitive or gerund
- Supón agora que acabas de escribir suggested to go e éntrache unha dúbida: non será suggested going? Busca cada expresión por separado e compara os resultados. Verás que non hai rexistros de suggested to go, pero si hai nove de suggested going. Fai clic sobre suggested going para examinar os rexistros: se o contexto coincide co teu, saberás que debes cambiar suggested to go por suggested going.
- Confirmar o significado dunha palabra
- Cando buscamos o equivalente en inglés dunha palabra en castelán ou galego, frecuentemente convén comprobar o uso da palabra para confirmar que é a palabra adecuada. Normalmente han de bastarnos as indicacións de uso e os exemplos do dicionario, pero se o dicionario non nos ofrece exemplos ou seguimos tendo dúbidas, sempre temos a posibilidade de buscar a palabra no corpus e examinar o uso que dela fan os falantes.
