Fontes de datos
Fontes de datos
En OpenOffice.org unha fonte de datos é unha base de datos rexistrada para que sexa accesible desde Writer e Calc.
1. Rexistrar fontes de datos
- Descarga a base de datos Electrosur.odb e gárdaa na túa carpeta persoal.
- Abre a base de datos, selecciona o menú Ferramentas > Opcións > OpenOffice.org Base > Bases de datos e pulsa Novo para rexistrala.
2. Copiar datos en Writer e Calc
- Ver fontes de datos. Crea un documento novo de Writer e selecciona o menú Ver > Fontes de datos. Abre os nodos Electrosur > Táboas e selecciona Artigos.
- Copiar a Writer. Selecciona unha, varias ou todas as filas facendo clic sobre as cabeceiras das filas ou da táboa, e arrástraas cara a documento de Writer: abrirase o cadro Inserir columnas da base de datos, que che permitirá seleccionar as columnas e o formato de pegado.
- Arrastra o nome da táboa Artigos cara o documento baleiro e crea unha lista de prezos. Ponlle título ao documento, centra e separa a táboa do título, optimiza a largura das columnas e aplica o estilo apropiado á cabeceira da táboa. Podería quedar así: Electrosur-prezos.odt.
- Copiar a Calc. Crea unha folla de cálculo e pega a táboa Artigos de modo similar para crear outra lista de prezos. Suprime as columnas IdArtigo e Data, engade unha columna para o total, ponlle título á folla, resalta as cabeceiras e dálles o formato apropiado aos números. Podería quedar así: Electrosur-prezos.ods.
3. Combinar correspondencia manualmente
- Abre a carta Electrosur-carta.odt.
- Completar datos do usuario. A carta usa campos para inserir os datos do remitente. Abre o menú Ferramentas > Opcións > Datos do usuario e completa os datos ficticios do director comercial da empresa ficticia Electrosur S. L.
- Abre o menú Ver > Fontes de datos e selecciona a táboa Clientes da fonte de datos Electrosur.
- Inserir campos da fonte de datos. Arrastra sucesivamente ao marco de texto do destinatario as cabeceiras das columnas Nome, Apelidos, Enderezo, CP, Cidade e Provincia. Borra o apelido González do saúdo e pon no seu lugar o campo Apelidos da fonte de datos.
- Inserir texto condicional. Borra a letra final de Prezado, abre o menú Inserir > Campos > Outros > Funcións, selecciona Texto condicional, Condición [Electrosur.Clientes.Xénero] == "F", Entón a, Else o, e preme no botón Inserir pero non peches o cadro. Borra a última letra de convidalo e preme no botón Inserir para inserir tamén nesta posición o morfema de xénero correcto. Borra o tratamento Sr., selecciona Entón Sra., Else Sr. e pulsa Inserir e Pechar.
- Combinar correspondencia. Selecciona Ficheiro > Imprimir e responde Si á pregunta de se desexas imprimir unha carta modelo: abrirase o cadro Combinación de correspondencia, onde podes seleccionar os rexistros (todos, por omisión, se non seleccionas ningunha fila) e a saída do texto cara a unha impresora ou un documento de texto. Selecciona Impresora e pulsa Aceptar. No cadro Imprimir activa Imprimir en ficheiro, pulsa Aceptar e a continuación indica o nome do ficheiro PostScript (carta, por exemplo) e pulsa Gardar.
4. Usar o asistente de combinación de correspondencia
- Abre a carta Electrosur-carta.odt e elimina o marco de texto.
- Selecciona Ferramentas > Asistente de combinación de correspondencia. O asistente consta de 8 pasos:
- Selecciona Usar documento actual e pulsa Seguinte.
- Selecciona Carta e pulsa Seguinte.
- Como lista de enderezos selecciona a táboa Clientes da fonte de datos Electrosur. Selecciona un bloque de enderezos e preme no botón Coincidir campos para asignar os campos da táboa. Pulsa Seguinte.
- Activa as caixas de verificación Este documento debe conter un saúdo e Inserir saúdo personalizado. Para marcar o xénero feminino selecciona Nome do campo Xénero e Valor do campo F e pulsa Seguinte.
- Desactiva a caixa de verificación Aliñar ao corpo de texto. Selecciona Desde a esquerda 10,50 cm, Desde arriba 5,00 cm e pulsa Seguinte.
- Preme no botón Editar documento. Elimina o saúdo orixinal da carta e as liñas que o separaban dos novos saúdos. Elimina a última letra da palabra convidalo e insire un campo de texto condicional (Condición [Electrosur.Clientes.Xénero] == "F", Entón a, Else o) e preme no botón Volver ao asistente. Pulsa Seguinte.
- Pulsa Seguinte.
- Selecciona Gardar documentos combinados, Gardar como documento único e pulsa Gardar documentos. Garda tamén o documento inicial e pulsa Concluír.
5. Usar a axenda de enderezos con modelos
- Abre OpenOffice.org Writer.
- Configurar a axenda de enderezos. Selecciona Ficheiros > Modelos > Fonte da axenda de enderezos, Fonte de datos Electrosur. Táboa Enderezos.
- En Atribución de campo selecciona os campos correspondentes aos datos seguintes: Nome, Apelidos, Rúa, CP, Cidade, Estado (provincia), País, Telf. particular, Título e Tratamento. Pulsa Aceptar.
- Importar modelo. Garda o modelo Carta-clasica.ott na túa carpeta persoal: trátase do modelo Carta comercial clásica do paquete de modelos de Sun Microsystems adaptada ao galego. Selecciona Ficheiro > Modelos > Organizar, fai clic co botón dereito na categoría Os meus modelos, selecciona Importar modelo e abre o modelo descargado.
- Crear carta baseada no modelo. Selecciona Ficheiro > Novo > Modelos e documentos e abre o modelo Carta clásica. Observa as etiquetas xenéricas dos campos entre parénteses angulares. No cadro Uso deste modelo selecciona Varios destinatarios (base de datos de enderezos) e pulsa Aceptar: as etiquetas xenéricas substitúense polos nomes reais dos campos de datos. Completa e garda a carta.
- Combinar correspondencia. Procede como no apartado 3.6.
6. Crear gráficas co piloto de datos
- Crea unha nova folla de cálculo.
- Selecciona a cela
A30e abre o menú Datos > Piloto de datos > Iniciar. Selecciona Fonte de datos rexistrada en OpenOffice.org, pulsa Aceptar, selecciona Base de datos Electrosur, Tipo Consulta, Fonte de datos Vendas (gráfica) e pulsa Aceptar. No cadro de Entrada de parámetros indica Ano 2008. - No cadro do Piloto de datos arrastra o botón Artigo á área de Campos de fila e o botón Importe á área de Campos de datos. Selecciona o botón Artigo dos campos de fila e pulsa o botón Opcións e volve pulsar Opcións no cadro de Campos de datos. Selecciona Orde Descendente por Importe e pulsa Aceptar dúas veces. Pulsa Máis, desactiva todas as caixa de verificación e pulsa Aceptar.
- Selecciona
A30:B40e preme no botón Gráfica da barra Estándar. Selecciona Gráfica de barras, ponlle de título Volume de vendas e de subtítulo Ano 2008 e pulsa Concluír. Sitúa a gráfica na esquina superior esquerda, preme no botón Escalar texto e leva a esquina inferior dereita ata a celaG28. Desactiva a lenda e dálles formato de moeda sen decimais aos números do eixo Y. - Selecciona as celas
A1:G29e o menú Formato > Intervalos de impresión > Engadir. Previsualiza a folla, pulsa no botón Formatar páxina e desactiva a cabeceira e o pé de páxina. Pecha a previsualización. - Nas celas do piloto de datos fai clic en Actualizar e na Entrada de parámetros indica Ano 2007. Corrixe o ano na gráfica actualizada. Debería quedar así: Electrosur-grafica.ods.
