Base

Base é unha aplicación de base de datos que permite traballar con bases de datos externas ou crear bases de datos propias co motor de base de datos de HSQLDB incorporado. Pódense crear e editar táboas, consultas, formularios e informes con asistentes, cunha interface gráfica en modo de deseño ou por medio de comandos da linguaxe SQL.

1. Crear unha base de datos

  1. O asistente de base de datos. Abre o programa desde o menú do escritorio ou selecciona o menú Ficheiro > Novo > Base de datos: abrirase o Asistente de base de datos. Selecciona Crear unha nova base de datos e pulsa Seguinte.
  2. Rexistrar a base de datos. No segundo paso do Asistente de base de datos, selecciona Si, desexo que rexistre a base de datos, activa a caixa de verificación Abrir base de datos para editala e pulsa Concluír. Para facer as prácticas seguintes, gárdaa como Electrosur.odb.
    Consello

    Rexistrar a base de datos che permite acceder aos datos desde Writer ou Calc por medio do menú Ver > Fontes de datos. Para modificar o rexistro de bases de datos abre o menú Ferramentas > Opcións > OpenOffice.org Base > Bases de datos.

Subir

2. Crear táboas

  1. Asistente de creación de táboas. No panel de Base de datos da esquerda selecciona Táboas e no panel de Tarefas selecciona Usar o asistente para crear unha táboa.
  2. Seleccionar os campos da táboa. Selecciona Categoría Negocios e Táboas de mostra Clientes. Selecciona estes campos facendo dobre clic neles: Enderezo, Cidade, PaísOuRexión, IDCliente, Nome, Apelido, Notas, NúmeroTeléfono, CódigoPostal, EstadoOuProvincia. A continuación pulsa Seguinte.
  3. Definir tipos e formatos. Usando os botóns de reordenación da lista de campos e as caixas da dereita, fai as modificacións necesarias para que a lista quede así:
    Táboa 1. Definición da táboa Clientes.
    Nome do campo Tipo de campo Lonxitude
    IdCliente Enteiro [ INTEGER ]
    Apelidos Texto [ VARCHAR ] 30
    Nome Texto [ VARCHAR ] 15
    Teléfono Texto [ VARCHAR ] 15
    Enderezo Texto [ VARCHAR ] 30
    Cidade Texto [ VARCHAR ] 20
    Provincia Texto [ VARCHAR ] 20
    CP Texto [ VARCHAR ] 10
    País Texto [ VARCHAR ] 20
    Notas Texto [ VARCHAR_IGNORECASE ] 5000
  4. Definir chave primaria. Activa a caixa de verificación Crear chave primaria, selecciona Usar un campo xa en uso como chave primaria, Nome do campo IdCliente, activa a caixa de verificación Valor automático e pulsa Seguinte.
  5. Crear táboa. Selecciona Inserir datos inmediatamente e pulsa Concluír. Pecha a táboa cando se abra.
  6. Deseño de táboa. No panel de Tarefas selecciona Crear unha táboa en visualización deseño. Define os campos dunha nova táboa, Artigos, completando as columnas Nome do campo e Tipo de campo e as Propiedades de campo de acordo coa táboa seguinte:
    Táboa 2. Definición da táboa Artigos
    Nome Tipo Lonx. /
    Nº car.
    Dec. Predef. /
    Auto.
    Formato
    IdArtigo Enteiro [ INTEGER ] Si
    Descrición Texto [ VARCHAR_
    IGNORECASE ]
    50
    Marca [ VARCHAR_
    IGNORECASE ]
    20
    Modelo [ VARCHAR_
    IGNORECASE ]
    20
    Data Data [ DATE ]
    Prezo Decimal [ DECIMAL ] 8 2 Moeda
    Tipo IVE Decimal [ DECIMAL ] 2 2 0,16 Porcentaxe
  7. Fai clic co botón dereito sobre a cabeceira da primeira fila e selecciona Chave primaria. Preme no botón Gardar e gárdaa como Artigos.
  8. De xeito similar crea unha nova táboa, Facturas, cos campos da táboa seguinte e IdFactura como chave primaria.
    Táboa 3. Definición da táboa Facturas.
    Nome Tipo Auto. Necesítase
    unha entrada
    Valor
    predefinido
    IdFactura Enteiro [ INTEGER ] Si
    IdCliente Enteiro [ INTEGER ]
    Data Data [ DATE ]
    Cobrada Si/Non [ BOOLEAN ] Si Non
  9. Instrucións SQL. Para crear a táboa DetalleFacturas por medio dunha instrución SQL, abre o menú Ferramentas > SQL. Copia a instrución seguinte, pégaa na caixa Comando que será executado e pulsa Executar.
    CREATE TABLE "DetalleFacturas" (
      "IdDetalleFactura" INT IDENTITY,
      "IdFactura" INT,
      "IdArtigo" INT,
      "Prezo" DECIMAL(8,2),
      "Tipo IVE" DECIMAL(2,2)
    );
    
  10. Unha vez executada con éxito a instrución SQL, pulsa Pechar. A continuación selecciona o menú Ver > Actualizar táboas: aparecerá a entrada da nova táboa no panel de Táboas. Neste punto a base de datos debe quedar así: Electrosur-A.odb.
Subir

3. Definir relacións e crear índices

  1. Abre esta base de datos: Electrosur-A.odb.
  2. Engadir relacións. Selecciona o menú Ferramentas > Relacións. Fai dobre clic en cada unha das táboas do cadro Engadir táboas para engadilas ao cadro Deseño de relación e pulsa Pechar.
  3. Dispón as táboas como na figura inferior e arrastra as chaves primarias sobre os campos homónimos das outras táboas para definilos como chaves externas.

    Fig. 1. Deseño de relacións.

    Fig. 1. Deseño de relacións.

  4. Editar relacións. Fai dobre clic sobre a liña entre as táboas Facturas e DetalleFacturas. Para que o campo IdFactura da táboa DetalleFacturas se actualice ao ser modificada a chave primaria IdFactura, selecciona Actualizar opcións Actualizar en cadoiro. Para que se eliminen as filas correspondentes da táboa DetalleFacturas ao eliminar unha fila da táboa Facturas, selecciona Opcións de eliminación Eliminar en cadoiro. Pulsa Aceptar para rematar a edición da relación.
  5. Crear índices. Para axilizar o funcionamento da base de datos, convén crear índices para todas as chaves externas e o campos usados máis a miúdo para filtrar filas. Ao definir as relacións, Base xa creou automaticamente os índices para as claves externas: quedan por crear índices para os seguintes campos de uso frecuente nos filtros.
    Táboa 4. Campos de uso frecuente nos filtros.
    Táboa Campos de filtro
    Artigos Descrición, Marca, Data
    Clientes Apelidos, Teléfono
    Facturas Data, Cobrada
    Procede do xeito seguinte para cada táboa. No panel Táboas fai clic co botón dereito sobre o nome da táboa e selecciona Editar. Selecciona o menú Ferramentas > Deseño de índice e, para cada índice que queiras crear, preme no botón Índice novo, ponlle un nome combinando o nome da táboa e mailo campo, selecciona o Campo de índice correspondente e preme no botón Gardar índice actual. Para rematar pulsa Pechar e pecha a ventá de Deseño de táboa.
  6. Despois de definir as relacións e crear os índices, a base de datos debería quedar así: Electrosur-B.odb.
Subir

4. Traballar con táboas

  1. Abre esta base de datos: Electrosur-B.odb.
  2. Formato da táboa. No panel de Táboas fai dobre clic na táboa Artigo para editar os datos. Fai clic co botón dereito na barra de cabeceiras de fila, selecciona Formato da táboa, escolle Tamaño 10 pt e pulsa Aceptar. Volve facer clic co botón dereito na barra de cabeceiras de fila, selecciona Altura de fila e axusta a Altura a 0,50 cm.
  3. Introducir datos. Introduce os datos seguintes na táboa Artigos. Pulsa Entrar para introducir cada dato. No campo IdArtigo pulsa Entrar sen introducir nada.
    Táboa 5. Datos da táboa Artigos.
    Descrición Marca Modelo Data Prezo Tipo IVE
    Televisor pantalla plana Philips AZ-18 15/03/08 750,00 € 16,00%
    Secador de pelo Moulinex SL-350 16/03/08 35,00 € 16,00%
  4. Formato de columna. Fai clic co botón dereito sobre a cabeceira da columna Prezo, selecciona Formato da columna, selecciona Aliñamento Dereita e pulsa Aceptar. Aumenta a largura da columna Descrición arrastrando cara á dereita o bordo dereito da súa cabeceira.
  5. Introducir datos. Introduce estes datos na táboa Clientes e dálles formato ás filas e columnas.
    Táboa 6. Datos da táboa Clientes.
    Apelidos Nome Teléfono Enderezo Cidade Provincia CP
    Conde Díaz Ana 986 256 318 Gran Vía, 54-2ºF Vigo Pontevedra 36209
    Gómez Pérez Pedro 986 223 334 Príncipe, 28-3ºA Vigo Pontevedra 36203
    Torres Vázquez Elena 986 489 958 Alfonso XII, 5-3º Redondela Pontevedra 36800
    Sánchez García Roberto 986 231 231 Real, 25-2º Vigo Pontevedra 36201
  6. Desactivar edición. Os cambios realizados nunha fila se gardan automaticamente ao desprazarse a outra fila e, unha vez gardados, non se poden desfacer. Para evitar cambios accidentais desactiva a edición pulsando sobre o botón Editar datos.
  7. Ordenar filas. Para ordenar as filas por Apelidos, pon o cursor nunha cela da columna Apelidos e pulsa o botón Ordenar de forma ascendente. Para ordenar as filas por varias columnas preme no botón Ordenar. Para eliminar a ordenación, pulsa o botón Eliminar filtro/orde.
  8. Filtrar datos. Para filtrar as filas que teñen o mesmo valor nunha columna, pon o cursor na cela correspondente e pulsa o botón Filtro automático. Para desactivar o filtro, preme no botón Aplicar filtro. Para introducir unha criterio de filtrado máis complexo usa o Filtro estándar. Por exemplo, para filtrar os clientes que teñen 23 no número de teléfono, pulsa Filtro estándar, selecciona Nome de campo Teléfono, Condición como, Valor *23* e pulsa Aceptar. Para eliminar o filtro, pulsa o botón Eliminar filtro/orde.
  9. Inserir filas mediante instrución SQL. Copia as instrucións seguintes, abre o menú Ferramentas > SQL e pégaas na caixa Comando que será executado.
    INSERT INTO "Clientes" ("Apelidos", "Nome")
      VALUES ('Otero Álvarez', 'María');
    INSERT INTO "Facturas" ("IdCliente", "Data", "Cobrada")
      VALUES (IDENTITY(), '2008-03-30', FALSE);
    INSERT INTO "DetalleFacturas" ("IdFactura", "IdArtigo", "Prezo")
      VALUES (IDENTITY(), 0, 750);
    
    Abre as táboas e comproba que se engadiu unha fila a cada unha das táboas Clientes, Facturas e DetalleFacturas. Lembra o valor de IdFactura nas dúas últimas táboas.
  10. Integridade referencial: modificar a chave primaria. Abre a táboa Facturas, cambia o valor de IdFactura a 20080001 e preme no botón Gardar rexistro actual. Abre a táboa DetalleFacturas e comproba que tamén cambiou o valor nesta táboa. A razón deste cambio automático é que ao definir a relación activamos a propiedade Actualizar en cadoiro. Abre agora a táboa Clientes e trata de cambiar no campo IdCliente de 4 a 5: ao pulsar o botón Gardar rexistro actual aparece unha mensaxe de erro pois, ao non estar activada a propiedade Actualizar en cadoiro da relación, se rompería a relación coa fila correspondente da táboa Facturas. Pulsa Aceptar no cadro da mensaxe e logo preme no botón Desfacer entrada de datos.
  11. Integridade referencial: eliminar filas. Agora proba a eliminar a mesma fila da táboa Clientes. Fai clic co botón dereito na cabeceira da fila, selecciona Eliminar filas e confirma a eliminación: outra vez temos a mensaxe de erro porque ao definir a relación especificamos Ningunha acción en caso de eliminación da clave primaria. Abre a táboa Facturas e elimina a fila. Agora xa podes eliminar o cliente: abre a táboa Clientes e elimínao. Por último abre a táboa DetalleFacturas e comproba que xa non ten ningunha fila: eliminouse en cadoiro ao eliminar a fila correspondente da táboa Facturas.
  12. Editar táboas. No panel de Táboas fai clic co botón dereito sobre DetalleFacturas e selecciona Editar. Dálle ao campo Prezo formato de Moeda, asigna ao campo Tipo IVE un valor predefinido de 0,16 e dálle formato de Porcentaxe. Pulsa Gardar e pecha a ventá de Deseño de táboa. Pulsa o botón Gardar da barra Estándar para gardar os cambios. Neste punto a base de datos debería quedar así: Electrosur-C.odb.
Subir

5. Consultas

  1. Abre Electrosur-taboas.odb.
  2. Usa o asistente para crear a consulta Vendas cos campos seguintes: Facturas.Data, Artigos.IdArtigo, Artigos.Descrición, Artigos.Marca, Artigos.Modelo, DetalleFacturas.Prezo. Ordena a consulta por Data. Edita a consulta en visualización de deseño e define as relacións entre as chaves primarias e a chaves externas.
  3. Copia a consulta Vendas e pégaa como Resumo de vendas. Edítaa na visualización de deseño, agrupa por Artigos.IdArtigo, Artigos.Descrición, Artigos.Marca e Artigos.Modelo. Conta Artigos.IdArtigo como Unidades, suma o Prezo como Importe e calcula e suma o IVE e o Total. Filtra por Data desde o 1/1/2008 e ordena por Unidades en sentido descendente.
  4. Converte Resumo vendas en consulta de parámetros.
  5. Crea a consulta Resumo de facturas (visualización) cos campos IdFactura, Importe, IVE e Total a partir da táboa DetalleFacturas.
  6. Crea como visualización ResumoFacturas.
  7. Crea consulta Artigos (caixa de lista) con campos Artigo e IdArtigo.
  8. Debe quedar así: Electrosur-consultas.odb.
Subir

6. Formularios

  1. Abre Electrosur-consultas.odb.
  2. Usa o asistente de formularios para crear Artigos. Modifica e retoca o formulario.
  3. Usa o asistente de formularios para crear Clientes. Modifica Clientes engadindo subformularios DetalleFacturas, Artigos e ResumoFacturas.
  4. Debe quedar así: Electrosur-formularios.odb.
Subir

7. Informes

  1. Abre Electrosur-formularios.odb.
  2. Crea a consulta Artigos novos (informe).
  3. Usa o asistente para crear o informe Artigos novos. Retoca o informe.
  4. Crea a consulta Factura (informe) con campos IdFactura, Data, Apelidos, Nome, Artigo, Prezo, Tipo IVE e Total.
  5. Instala a extensión Sun Report Builder.
  6. Usa o Sun Report Builder para crear o informe Factura.
  7. Debe quedar así: Electrosur-informes.odb.
Subir